Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de marzo

11.00 h
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA de presentación da quinta edición do programa de divulgación científica ConCiencia. Asisten:
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago,
Xosé Manuel Villanueva, xerente do Consorcio de Santiago,
Senén Barro, reitor da Universidade de Santiago,
Jorge Mira, director do programa ConCiencia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Tai Chi: a esencia da harmonía en movemento, dentro do programa do Club dos Maiores.

20.30 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Gala do Deporte Compostelán, na que se entregarán os Premios Deporte e Vida entre os clubes seleccionados así como as axudas a Clubes Federados de Santiago de Compostela.

21.30 h
No Teatro Principal, Odaiko Percussion Group presenta o seu terceiro traballo: Galician on Board, baixo a dirección artística de Juan Collazo.

Compartir: