Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, preside a reunión do Órgano superior de Coordinación do Plan de Seguridade do Xacobeo 2010. (SÓ GRÁFICOS).
Ao remate da reunión (hora aproximada 12.45 h), manterán un encontro cos medios de comunicación.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade e Consumo, Andrés Fariña, con motivo do Día Mundial Consumidor.

16.30 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita o lugar de Pardaces (A Peregrina). Punto de encontro: restaurante Mallo.

20.30 h
No local social de Villestro, o voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños de Villestro.

Compartir: