Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 3 de febreiro

10.00 h
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida.

11.00 h
No Hotel Villa de la Reina (Madrid), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
No Castelo da Rocha, a concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, visita o acondicionamento e consolidación arqueolóxica que se fixo no Castelo da Rocha Forte.
NOTA: Haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.15 h desde a praza do Obradoiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar Amortal, primeiro espectáculo do programa Teatro+Danza en Xira. Na rolda estarán dous dos protagonistas da mesma, Mercedes Castro e Francisco Olmos.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Primeiros Xogos, para menores de 5 anos, dentro do programa Aula de Xogo.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños da rúa de San Pedro.

20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños de Santa Cristina de Fecha.

21.00 h
Teatro+Danza en Xira
No Teatro Principal, Amortal de Ana Martín Puigpelat dirixida por Salva Bolta dentro do programa Teatro+Danza en Xira. Con Francisco Olmo, Mercedes Castro e Nacho Medina.

Compartir: