Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 2 de febreiro

11.30 h
Na rúa das Casas Reais, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación da restauración do Retablo Maior da Capela das Ánimas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e do codirector do Fórum Gastronómico Santiago 2010, As Cociñas do Atlántico, Pep Palau, para presentar as actividades do Fórum Cidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural da Concellaría para o mes de febreiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Cantigas e Agarimos.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Unha comparsa de Entroido!!!, dentro do programa da Aula de Xogo
18.00 h
No CSC das Fontiñas, Coñecemos o mundo polo baile, dentro do programa da Aula de Xogo.
18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente do Centro Comercial Aberto Santiago Centro, José María Fernández.

Compartir: