Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 17 de febreiro

10.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as obras de rehabilitación e sinalización dos Camiños Francés e de Fisterra, incluídas no Fondo Estatal de Investimento Local. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
Visitaranse diferentes puntos destas obras, para o cal se disporá dun autobús, que sairá da Praza do Obradoiro ás 10.30 horas. A duración aproximada é de dúas horas.

20.30 h
Na sede da SGAE, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos veciños das rúas Galeras, Salvadas e Vista Alegre para presentarlles o proxecto de reurbanización das devanditas rúas.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Especial de Entroido da Banda Municipal de Música dirixida por X. Carlos Seráns.

Mércores 17

20.00 h.
ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a Praza Roxa facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro e Xeneral Pardiñas para rematar na Praza Roxa.
(Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión)

21.30 h.
QUEIMA DO MECO e animación. Praza Roxa
Acompañamento: BANDA DE PONTECESO Animación: VOLTA E DALLE: Peccata minuta

Compartir: