Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 10 de decembro

10.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste á inauguración do Foro Mundial de Educación, dentro do Foro 2010.

11.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta a función didáctica de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Dirixida por Ánxeles Cuña.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na rúa Berlín (polígono de Fontiñas), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitan as obras de construción dos novos xulgados.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lle rende á asociación Ditea, con motivo do seu 50 aniversario.

20.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios Antón Fraguas, organizados pola Asociación do Traxe Galego.

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Dirixida por Ánxeles Cuña.

Apalpando as Ilusións
17.00 a 19.00h. NO LSC da Rocha, Obradoiro para nenos e nenas de Postais e Recetas de Nadal (Aula de Informática)
18.00h. No CSC de Vite, Obradoiro Cosntruímos o Belén.
18.00h. No LSC de Figueiras, Obradoiro Tarxetas de Nadal.
18.00h. No LSC de Busto, Obradoiro Infantil Agasallos co Apalpador.
19.00 a 21.00h. NO LSC da Rocha, Obradoiro para adultos de Postais e Recetas de Nadal (Aula de Informática)
19.00h. No LSC de Laraño, Obradoiro Letras ao Apalpador.
19.00h. No LSC de San Lourenzo, Obradoiro Cociña de Nadal: Aperitivos e doces.
19.30h. No LSC de Villestro, Obradoiro Arte Floral.
19.30h. No CSC do Castiñeiriño, Contacontos Inés Cuadrado.
19.30h. No LSC da Gracia, Obradoiro Decoración de Nadal.

Previsións informativas para o xoves 9 de decembro

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e do conselleiro técnico da Subdirección General de Cooperación Cultural coas comunidades autónomas do Ministerio de Cultura e responsable do Punto de Contacto Ciudadanía, Augusto Paramio, para presentar as actividades do proxecto Santiago-Une.

12.15 h
Na sede do Consorcio de Santiago, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o deán da Catedral, José María Díaz, asinan o protocolo de colaboración entre o Consorcio e o Cabido para o impulso e xestión da conmemoración do 800 aniversario da consagración da catedral románica.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; de Chelo Pampillón, a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA; e de José León, da directiva da Federación, para presentar a novena edición do Festival Agustín Magán.

17.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, que asinará no Libro de Honra do Concello.

19.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto académico organizado polo Foro 2010 e pola Cátedra Unesco de Cultura de Paz e Dereitos Humanos no que a directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, pronunciará a conferencia "O papel da UNESCO na construción da Paz".

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lle rende á asociación Ditea, con motivo do seu 50 aniversario.

Apalpando as Ilusións
17.30h. No LSC da Rocha, Obradoiro Decoración do Centro.
17.30h. No CSC da Trisca, Saída Facemos Camiño.
18.00h. No CSC da Trisca, Obradoiro Decoro o meu Centro.
18.00h. No LSC de Vidán, Obradoiro para adultos Buscamos Receitas e felicitamos pola rede. Compras de Nadal por internet. (Aula de Informática).
18.00h. No LSC da Peregrina, Obradoiro Decora o Local.
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro Decoración do Centro.
18.30h. No LSC de Villestro, Obradoiro Decoramos o Centro.
19.30h. No LSC da Gracia, Obradoiro Decoración de Nadal.
19.30h. No CSC de Conxo, Monográficos de Compras pola rede
19.30h. No CSC de Vite: Títeres Cachirulo presentan Un bo rato con algúns ratos.

Compartir: