Previsións informativas para o venres 12 de novembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, para presentar a segunda fase de obras en Monte de Deus.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, o director de Cineuropa, José Luis Losa, e os cineastas galegos Lois Patiño, Víctor Hugo Seoane e Marcos Nine para presentar as súas obras que se proxectarán esta fin de semana.
13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa nova directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño.
13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os traballadores municipais e das empresas concesionarias que participaron na organización da visita de SS Bieito XVI.
18.00 h
No LSC de Busto, actuación da contacontos Raquel Queizas.
18.00 h
No LSC da Rocha, Maxia con actuación Gran Pedrini, Mago da Boina.
18.00 h
No LSC de Sar, Monicreques coa Compañía Titereficciós que presentan Gofken e o Libro Máxico.
19.00 h
No CSCXM do Ensanche, Cata de viños dentro do programa deCÁTAte.
20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de homenaxe a tres persoas relacionadas co movemento veciñal compostelán: Luís Pasín Liñares, ex concelleiro; Concepción Rozas Cesar, vogal da A.V. "Sandra Prego" da Pontepedriña; e Xosé Mª Juncal Míguez, ex presidente da A.V. "Río Sarela" da Peregrina e presidente de FERUSA.