Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 6 de outubro

11.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a 36ª Reunión Anual da Sociedade Nuclear Española.

11.30 h
Galicreques
No Teatro Principal, la Gotera de Lazotea presenta "Vento pequeno" dentro da programación de Galicreques.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, acompañado dos responsables das entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego, para presentar o programa da I Feira do Emprego de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar a programación de Radio ECCA. Na rolda tamén estarán a directora xeral de Radio ECCA Galicia, Carmen Dios, e a directora de Radio ECCA Coruña, Marisol Pérez.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Curso Internacional da USC - Curso do Camiño.

18.00 h
No CSC da Trisca, Xornadas de difusión do xogo tradicional dentro do programa Aula de Xogo.

20.00 h
Na Casa das Asociacións, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodriguez, preside o Consello Municipal de Relacións Veciñais.

20.00 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta a edición facsimilar do libro de Gonzalo Torrente Ballester "Compostela", publicado por primeira vez no ano 1948.

Compartir: