Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de outubro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao almorzo informativo do Fórum Europa. Tribuna Galicia, no que intervirá como ponente o alcalde de Lugo, José López Orozco.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico Cine e Música da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, José Antonio Pais.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación das conclusións da Xuntanza Concellos e Educación na que participan responsables políticos e técnicos das áreas de Educación dos concellos de Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol, convidados pola concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón Ferreiro e a súa homóloga en Vigo, Laura López Atrio.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Declaración institucional para felicitar ao grupo "Correo Gallego" polos premios concedidos ao novo deseño do xornal El Correo Gallego.
3. Dar conta da presentación do documento refundido do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 8 (SUNP-8).
4. Resolución de alegación e ratificación do acordo de aprobación definitiva da modificación da ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais.
5. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG relativa á ampliación da concesión da autoestrada do Atlántico.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa á recuperación das antigas instalacións deportivas do Real Aero Clube.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa á gratuidade dos tramos da autoestrada Santiago-Norte e Santiago-Sur.
8. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG en contra do canon da auga recollido na nova Lei de Augas de Galicia.
9. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para instar á Xunta a manter e mellorar o servizo de noitebús.
10. Comparecencia da concelleira delegada de urbanismo, vivenda e educación, Dona Mercedes Rosón.
11. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

18.30 h
deCÁTAte
No CSC Brañas de Andrés, cata de queixos dentro do programa deCÁTAte que organiza a Concellaría de Centros Socioculturais.

20.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos premios "Galegos do Ano".

20.30 h
deCÁTAte
No CSC José Saramago de Vite, cata de mel dentro do programa deCÁTAte que organiza a concellaría de Centros Socioculturais.

Festival Internacional de cine Euroárabe AMAL
Teatro Principal
19.00h. Proxección das curtametraxes Beirut e A neve tapa a sombra das figueiras dentro da Sección Oficial.
20.30h. Proxección do documental O contacontos dentro da Sección Oficial.
22.30h. Proxección da longametraxes O mensaxeiro dentro da Sección Oficial.

Compartir: