Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de xaneiro

9.00 h
No Ministerio de Fomento (Madrid) , o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co secretario xeral de Relacións Institucionais e Coordinación do Ministerio de Fomento, Fernando Puig de la Bellacasa.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, ensaio aberto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

13.30 h
No Ministerio de Cultura (Madrid), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde.

20.30 h
No Local Sociocultural do Romaño, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presenta aos veciños a proposta de novo centro sociocultural para a zona de Vista Alegre-O Romaño dentro do Urbana Santiago Norte.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave con Benjamín Schmid, violín.
21.00 h
No Teatro Principal, representación de De cerca nadie es normal de Aitana Galán e Luis García-Araus. Con Silvia Espigado, Ángel Jodra, Fede Rey, Virginia Méndez e Víctor Sevilla.

Compartir: