Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 7 de maio

Viaxe dos membros da Mancomunidade de Santiago a Arxentina e Uruguay
10.00 h
En Montevideo, o alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa embaixadora de España en Uruguay, Aurora Díaz-Rato
13.30 h
O alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, é entrevistado no programa de radio "Glorias de España".
17.00 h
O alcalde compostelán e presidente da Mancomunidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co intendente municipal de Montevideo, Ricardo Ehrlich.

-----------------------

10.30 h
IX Campaña Municipal de Animación á Lectura
Na Escola Infantil Municipal de Fontiñas, Obradoiro de Plástica Creativa co ilustrador Pablo Otero, dentro da IX Campaña Municipal de Animación á Lectura: "Lendo máis… Cerca", organizada pola Concellaría de Educación.

11.30 h
Maio das letras 2009
Na Alameda, saída da carreira escolar pola lingua "Correlingua 2009", dentro dos actos organizados pola Concellaría de Normalización Lingüística. Sobre as 12.30 h a concelleira Mercedes Rosón e os outros organizadores recibirá os participantes de volta na Alameda.

11.30 h
Na Alameda, o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do espazo escénico Brúxula e na inauguración oficial en Santiago de Compostela do proxecto, que se enmarca no Plan Avanza do Ministerio de Industria co obxectivo de que os nenos e adolescentes de Galicia coñezan os riscos de internet, como actuar ante eles e como utilizalo de forma segura.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos das súas áreas.

17.00 h
Na rúa do Penedo (Divina Pastora Seguros, local 4), o concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Andrés Fariña, participa na presentación do padriño da III Carreira Solidaria Polígono do Tambre, o ciclista galego Óscar Pereiro, e da entidade patrocinadora do evento (que este ano ten o obxecto de recadar axudas para a Cocina Económica), Divina Pastora Seguros. No acto tamén estarán o director de Marketing de Divina Pastora Seguros, Manuel Pinazo; o xerente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, José Manuel Beceiro; o ciclista galego do Caisse d’Epargne, Óscar Pereiro; e o atleta compostelán, Pedro Nimo.

20.15 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme The last man on earth (O último home sobre a terra – dobrada), de Sidney Salkow e Ubaldo Ragona. Presentada por Moncho Lemos, xornalista cinematográfico da TVG e Radio Galega. Una vez rematada a proxección farase un debate. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, La Familia presenta Paraíso siete (cabaré), dentro do ciclo SCQ Danza.

22.30 h
Ciclo de Cinema Os meus terrores favoritos
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, proxección do filme Dead and Buried (Mortos e enterrados - V.O.S), de Gary Sherman. Entrada libre ata completar aforo. Organizado pola Concellería de Xuventude.

Compartir: