Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 26 de maio

8.45 h
Maio das letras 2009
No IES Eduardo Pondal, a linguaxe do cómic. Charla-obradoiro do debuxante Fran Bueno para alumnado de secundaria nos centros de ensino. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Asociación Galega de Enfermos pola Donación de Órganos (AGEDO), Jesús Pascual Pereira.

12.00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar os XXVII CAMPIONATOS NACIONAIS DE DEPORTE AFECCIONADO, que se disputarán na cidade o 29, 30 e 31 de maio. Na rolda estarán o presidente da Agrupación de Deportistas Veteranos, entidade organizadora, Manuel Loimil Loureiro; e o presidente da CO.D.A (Confederación del Deporte de Aficionados), Francisco J. Rubio Simón.

12.25 h
No IES Eduardo Pondal, festa final do programa De Bo Rollo, organizado pola UMAD, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro".

19.00 h
No CSC do Ensanche, sesión de adestramento con Pisando Ovos, Menos 1, dentro do Obradoiro do Espectador.

19.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, reunión do Consello Sectorial de Turismo do Concello de Santiago.

20.00 h
No CSC de Conxo, presentación de Un viaxe por Polonia e a continuación cinefórum coa proxección de El azar (1987, 114 min.)

20.30 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización da rúa Londres, incluído no Fondo Estatal de Investimento Local.

Compartir: