Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 25 de maio

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: debate sobre os distintos aspectos relacionados coa programación e celebración do Xacobeo 2010.

10.30 h
Maio das letras 2009
Na Biblioteca pública Ánxel Casal, a concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, asiste á xincana literaria na que participarán 50 alumnos do CEIP López Ferreiro.

11.30 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consocio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a cuarta edición do programa ConCiencia. Na rolda tamén estará o reitor da USC, Senén Barro; o director do programa ConCiencia, Jorge Mira; e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González, para presentar un rogo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e de Casco Histórico e Rehabilitación, Olga Pedreira.

21.00 h
No Teatro Principal, comeza a X Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

Compartir: