Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 23 de maio

11.45 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os membros da Asociación de Trasplantados do Ril, que veñen en peregrinación.

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos Populares organizados polo CSC do Ensanche.

13.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á XI Festa dos Maiores.

15.40 h
Nas piscinas de Santa Isabel, I Torneo Waterpolo Compostela.

18.00 h
No CSC de Conxo, Xuventude en Europa: a vida dos xóvenes en Ucrania, Polonia, Francia e Alemaña, dentro da programación do mes da Cultura Europea que está a celebrarse no centro.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao IV festival de danza intercentros "Compostela en Danza", organizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Asociación Cultural Danza Stellae.

21.00 h
III Ciclo Revelando Voces
No CSC do Castiñeiriño, concerto de Minhor Swing dentro do III Ciclo Revelando Voces.

Compartir: