Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 20 de maio

10.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores do Concello con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita.

10.00 h e 11.55 h
Maio das letras 2009
A linguaxe do cómic. Charla-obradoiro do debuxante Fran Bueno para alumnado de secundaria nos centros de ensino. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística. Ás 10.00 h no Colexio Nosa Señora dos Remedios e ás 11.55 h no IES Rosalía de Castro.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Granxa do Xesto, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os 120 nenos dos colexios de Vite e Nosa Señora dos Remedios que participan na Primeira Marcha Saudable, organizada pola Concellería de Sanidade do Concello de Santiago no marco do Programa Concellos Saudables da Xunta de Galicia. Ás 11.30 h tamén se incorporan ás actividades programadas na Granxa do Xesto un grupo de 50 maiores das Aulas da Terceira Idade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos das súas áreas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e de Casco Histórico e Rehabilitación, Olga Pedreira, sobre asuntos das súas áreas.

19.30 h
No Centro Comercial Área Central, o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, presenta os equipos participantes na Volta Ciclista da Ascensión. No acto tamén estarán o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo Sóñora; o presidente do Club Ciclista Compostelano, Nemesio López; o xerente do Centro Comercial Área Central, Juan Carlos Losada; así como os representantes dos patrocinadores e dos concellos colaboradores.

11.45 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Juanjo Mena.
19.30 h
No CSC de Conxo, Cineforum coa proxección de A Onda (2008, 110 min.) dentro da programación do mes da cultura Europea.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Juanjo Mena.
Festas da Ascensión 2009
12.00 h
Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 e 20.00 h
Pasarrúas: gaiteiros
12.30 h
Comparsa de cabezudos
22.00 h
Orquestra CICLÓN
PASEO CENTRAL DA ALAMEDA
23.00 h
LOS DELINQÜENTES en concerto
Liridade Noctámbula
(grupo gañador de "Outras músicas" dentro do II Certame de Músicaxove)
CAMPUS SUR
ENTRADA LIBRE
24.00 h
Música no Toural
BLACK GHANDI (reggae)
Los Delinqüentes

Compartir: