Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 19 de maio

10.00 h e 12.45 h
Maio das letras 2009
A linguaxe do cómic. Charla-obradoiro do debuxante Fran Bueno para alumnado de secundaria nos centros de ensino. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística. Ás 10.00 h no Colexio Nosa Señora dos Remedios e ás 12.45 h no IES Pontepedriña.

11.00 h
Na sede da Fundación Compostela Deporte, o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, presenta os patrocinadores, maillots, trofeos e páxina web, así como a entrega do libro de ruta da Volta Ciclista da Ascensión. No evento tamén estarán o presidente do Club Ciclista Compostelano, Nemesio López, e representantes dos patrocinadores.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar a campaña de promoción das boas prácticas ligüísticas e corrección para os traballadores do Concello "A quen lle amarga un doce?, saborea o galego".

12.00 h
No IES Rosalía de Castro, o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, participa na experiencia piloto INFORMAXOVE’09. Trátase de que grupos de estudantes dese centro participen en catro sesións de traballo dirixidas por profesionais de colectivos (Centro Xuvenil Don Bosco, Xeneme Intervención Social e IGAXES) con experiencia nos seguintes asuntos: educación afectivo-sexual, voluntariado 010, programa europeo Xuventude en Acción e xuventude e cidadanía.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a publicación "Boletín sobre o mercado laboral de Santiago de Compostela. Segundo semestre 2008".

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar Compostela en Danza 2009.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

20.00 h
No CSC de Conxo, presentación de Unha viaxe por Alemania, dentro da programación do mes da Cultura Europea.

Compartir: