Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de maio

11.00 e 12.00 h
Maio das letras 2009
Na Fundación Granell, "Os Barballocas van de camiño", monicreques salvadores da lingua galega para alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Organizado pola Concellería de Normalización Lingüística.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os comercios gañadores da edición de primavera do Concurso de Escaparatismo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, do presidente da delegación de Santiago do COAG, Jorgue Duarte, e da xerente da Fundación Araguaney, Ángeles Blanco, para presentar o FORO DE DEBATE SOBRE A TRANSFORMACIÓN DA CIDADE

12.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar o catálogo anual da Zona "C". Na rolda estarán tamén Paulo Rodríguez, director-xerente do Auditorio de Galicia, e Marga Crespo, unha das artistas que espuxo neste espazo no último ano.

13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa das Festas da Ascensión 2009.

20.00 h
Na igrexa da Universidade (praza da Universidade, s/n), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición Caminho Peregrino da artista brasileira Christina Oiticica. Tamén asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

20.00 h
No Teatro Principal, representación do grupo gañador do XIV certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca, organizado pola Concellería de Educación e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago.

19.00 h
No CSC de Vite, Ventos de Mela Casal dentro do programa Letras Vivas Animación.

19.30 h
No CSC de Conxo, cinefórum coa proxección de "A arca rusa" (2002, 90 min.) dentro da programación especial do Mes da Cultura Europea.

20.30 h
No CSC do Castiñeiriño, proxección de Coralia e Maruxa: as irmás Fandiño (2008) dentro da Semana do Cine Documental sobre a Memoria.

22.00 h
Na alameda, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as obras de instalación de alumeado público e ornamental da Alameda de Santiago
LUGAR: Porta dos Leóns

Compartir: