Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de maio

10.30 h
Dentro do Programa de utilización didáctica da cidade Vivir Santiago, organizado pola Concellería de Educación, visita dun grupo de 40 rapaces e rapazas das Escolas Infantís Municipais de Conxo e Fontiñas á Praza de Abastos.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, saúda os nenos de 2º de ESO do CPI Miralbaida de Córdoba, que visitan Santiago dentro do programa de intercambio de rapaces das Cidades Patrimonio da Humanidade de España "Coñecer as Cidades Patrimonio".

11.00 e 12.00 h
Maio das letras 2009
Na Fundación Granell, "Os Barballocas van de camiño", monicreques salvadores da lingua galega para alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Organizado pola Concellería de Normalización Lingüística.

11.30 h
Na Biblioteca Pública Ánxel Casal, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega das publicacións do Consorcio de Santiago á Biblioteca Pública Ánxel Casal. No acto tamén estará a súa directora, Carina Fernández Falla.

12.00 h
No departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o partido internacional de Baloncesto feminino "Cidade de Santiago" que disputarán as seleccións de Cuba e España o vindeiro 17 de maio no Multiúsos Fontes do Sar. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a segunda edición do concurso de tapas da cidade, SANTIAGO(é)TAPAS. Estará acompañado polo presidente da Asociación de Hostalería de Santiago, Jesús Sordo; un representante de Estrella Galicia; un representante da Praza de Abastos; e Palmira Rodríguez, de El Correo Gallego.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Semana das Constelacións. Construímos un hábitat lunar, dentro das Semanas Temáticas do programa Aula de Xogo.

20.00 h
No CSC de Conxo, presentación de Un viaxe por Ucrania, dentro da programación específica do Mes da Cultura Europea.

Compartir: