Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 4 de abril

12.00 h
Na Praza Roxa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita, acompañado polo concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, MostraNatura do Ensanche, actividade que organiza Santiago Centro, Asproga, a Sociedade Compostelá de Ornitoloxía e a Asociación Galega do Canario de Canto e na que colabora a Concellería de Mercados.

12.30 h
Na Capela Xeral das Ánimas, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de descubrimento do retábulo "A Caída", realizado por Manuel de Prado. Actuará Barbara Switalska, violoncello coprincipal da Real Filharmonía de Galicia, que interpretará un extracto da Suite nº3 de J.S. Bach.

13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa presidenta da FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España), Magis Iglesias.

Compartir: