Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 30 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de infraestruturas, Albino Vázquez Aldrey, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o acordo de patrocinio do Concello co piloto Luis Penido para o Campionato de Galicia de Montaña 2009.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar dous ciclos de cinema.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva do estudo de detalle do polígono 4 de Fontiñas.
3. Dar conta do documento refundido do estudo de detalle do R2 do SUNP-4. Camiño Francés.
4. Dar conta do documento refundido da modificación puntual do estudo de detalle para a instalación de ascensores nos edificios de Aviación Civil da Avenida de Salamanca-Rúa Oviedo.
5. Aprobación inicial do regulamento de organización funcionamento da comisión de investigación e resolución de casos de acoso psicológico no traballo.
6. Dar conta da liquidación do orzamento do exercicio de 2008.
7. Aprobación inicial da ordenanza reguladora do programa de axuda no fogar.
8. Designación de membros no Consello de Compostela Cultura.
9. Solicitude de comparecencia da concelleira Dona Olga Pedreira Ferreño.
10. Solicitude de comparecencia do concelleiro Don Bernardino Rama Seoane.
11. Proposición do Partido Popular relativa á instalación dunha área de punto limpo para o servizo as autocaravanas.
12. Convalidación do expediente de contratación administrativa a efectos da súa inclusión no Plan do Fondo Estatal de Inversión Local.
13. Dar conta de personamentos en recursos contenciosos administrativos.
14. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
15. Rogos e preguntas.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
17. Renuncia dun concelleiro.

20.00 h
No CSC do Ensanche, Diálogo con pais, nais e titores sobre a educación afectivo-sexual en colaboración co centro Quérote.

21.00 h
No Teatro Principal, Redrum Teatro presenta A Pensión, de Álex Sampayo, Víctor Sierra e María S. Ferreiro. Con Sara Rosa Álvarez, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa. Dirixida por Álex Sampayo.

Compartir: