Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 27 de abril

11.00 h
Dentro do programa de utilización didáctica da cidade "Vivir Santiago", organizado pola Concellería de Educación, visita de 47 rapaces de 5º e 6º de primaria ao Parque de Bombeiros de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de cáracter local.

12.00 h
Na Biblioteca Pública Ánxel Casal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a exposición organizada con motivo do Día do Libro.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os mebros da asemblea de Yokohama (Xapón) que veñen a Santiago no seu 150 aniversario.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto extraordinario a favor da Asociación Española contra o Cancro, coa soprano Laura Alonso e o pianista Stephan Matthias Ladermann.

Compartir: