Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 23 de abril

12.00 h
No Paraninfo da facultade de Historia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo da Semana Mundial da Educación 2009.

13,00 h
No departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a fase de ascenso a 1ª Autonómica de Balonmán que disputará o club deportivo Conxo no pavillón do Restollal, o 24,25 e 26 de abil. Tamén estarán o presidente do Club Deportivo Conxo, Salvador Forján, e o adestrador do 1º equipo de balonmán do CD Conxo, Francisco González.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban.

17.00 h
Na Casa de Europa (Finca Vista Alegre), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofrece unha conferencia aos participantes no Curso Superior de Urbanismo.

20.00 h
XXX Aniversario das Corporacións Democráticas
No Auditorio do Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX . Tamén estarán o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo; a autora do libro, María García Caballero; o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva; e o editor, Henrique Alvarellos. Actuación musical a cargo da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

20.00 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, preside o acto de entrega dos premios da VIII Edición dos Certames Literarios de Relato Curto e VI de Poesía que organiza o departamento de Centros Socioculturais. No acto intervirán os autores e autoras galardoados e actuará Celso Fernández Sanmartín.

22.00 h
Na Sala Capitol, segunda final do Certame MÚSICAXOVE´09, na modalidade de hip hop, organizado pola Concellaría de Xuventude.

COMPOSTELA MÁXICA
Centros do Ensino
10.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
12.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
Maxia na Rúa
13.00h. Na Praza Roxa, o mago Mark Mitton; na praza das Praterías, Peter Wardell; e na Praza do Toural, actuación do mago Norberto.
19.00h. Na Praza Roxa, actuación do mago Kayto; na Praza das Praterías, do Mago Mark Mitton; e na Praza do Toural, do mago Peter Wardell.
Maxia nos Centros Socioculturais
18.00h. No CSC das Fontiñas, actuación do mago Vituco.
19.00h. No CSC de Vite, actuación do mago Cayetano Lledó.
19.00h. No CSC do Ensanche, actuación do mago Romarís.
Gala no Principal
20.30h. No Teatro Principal, Gala co Mago Teto, que presenta o seu espectáculo A maxia da Santa Compaña.
Maxia no Dado
24.00h. No Pub Dado-Dadá, actuación dos magos Cali e Peter Wardell.
Magomóbil
Todo o día. Na Alameda estará o Magomóbil con Martín Camiña como mago de guardia.

SEMANA SOCIAL E CULTURAL DO ENSANCHE. No CSCX do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16)
9.00h. Comezo do Xogo Comunitario: Protagonistas
9.00 a 10.00h. Ximnasia Chinesa.
10.00 a 11.00h. Ximnasia Terapéutica. Sesión especial na Alameda (escalinata), aberta á participación de todos os públicos.
19.30h. Actuación do Mago Romarís dentro do programa de Compostela Máxica.
19.30 a 20.30h. Clube de lectura.

Compartir: