Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 22 de abril

XXX Aniversario das Corporacións Democráticas
10.00 h a 13.00 h
Xornada de Portas Abertas para alumnado de Primaria.

10.00 h
Nas oficinas do grupo municipal popular, os concelleiros Ángel Espadas, Paula Prado e Amelia González, reúnense co vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC, José Manuel Mayán Santos. Declaracións ás 10.30 h.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Ángel Espadas e Amelia González, para presentar un rogo que levarán ao próximo pleno.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e da soprano Laura Alonso para presentar o Concerto a beneficio da Asociación Española contra o Cancro que se celebrará no Auditorio de Galicia o vindeiro luns, 27 de abril, ás 21.00 h.

XXX Aniversario das Corporacións Democráticas
19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe as corporacións democráticas desde 1979 a 2007. Recoñecemento aos alcaldes do Concello de Santiago desde 1979: José Antonio Souto Paz (1979-1981), Marcial Castro Guerra (1981-1983), Xerardo Estévez Fernández (1983-1986 e 1987-1998) e Ernesto Viéitez Cortizo (1986-1987). A continuación, no Auditorio, asistirán ao concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá e coa soprano Melanie Diener.
COMPOSTELA MÁXICA
Centros do Ensino
10.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
12.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
Maxia na Rúa
13.00h. Na Praza Roxa, o mago Norberto; na praza das Praterías, Kayto; e na Praza do Toural, actuación do mago Mark Mitton.
19.00h. Na Praza Roxa, actuación do mago Peter Wardell; na Praza das Praterías, do Mago Norberto; e na Praza do Toural, do mago Kayto.
Maxia nos Centros Socioculturais
19.00h. No CSC do Castiñeiriño, actuación do mago Cayetano Lledó.
19.00h. No CSC de Conxo, actuación do mago Vituco.
Gala no Principal
20.30h. No Teatro Principal, Gala co Mago Dani García e Mago Marttyn co espectáculo Symbiosis.
Maxia no Dado
24.00h. No Pub Dado-Dadá, actuación dos magos Luis Manuel e Kayto.

SEMANA SOCIAL E CULTURAL DO ENSANCHE. No CSCX do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16)
9.00h. Comezo do Xogo Comunitario: Protagonistas
12.00h. Proxección de 365 días, o Ensanche, Documento en imaxes dun ano de traballo no Ensanche.
20.00h. II Concurso gastronómico de tortas e tortillas. Entrega de premios e presentación dos produtos presentados.

Compartir: