Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 21 de abril

XXX Aniversario das Corporacións Democráticas
10.00 h a 13.00 h
Xornadas de Portas Abertas para alumnado de Primaria.
16.00 h a 19.00 h
Xornadas de Portas Abertas ao público xeral.
18.00 h
No salón de Plenos do Concello de Santiago, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside un pleno no que participarán os alumnos do IES Antón Fraguas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar os proxectos de reurbanización das rúas Pérez Constanti, Laverde Ruíz, Santiago de Guayaquil, Neira de Mosquera, Curros Enríquez e Gómez Ulla, incluídos no Fondo Estatal de Investimento Local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira accidental de Educación, Mercedes Rosón, para presentar a III Reunión do Comité Organizador do Foro 2010 en Compostela. Na rolda tamén estará un representante do Seminario galego de Educación pola Paz.

12.00 h
No CSC da Trisca, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste ao coloquio que se celebra despois da proxección do filme dentro do ciclo Medio Ambiente Imaxinando. (A proxección do filme será ás 10.30h)

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os datos do programa de Desestacionalización Santiago Repetirás.

17.45 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá.
18.00 h
No CSC do Ensanche, Títeres Cachirulo presenta Catro contos de china dentro do programa Letras Vivas Animación.

20.30 h
Na Biblioteca do CSC de Vite, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, reúnese coas asociacións de veciños para presentarlles as Bases da convocatoria de subvencións destinadas á prevención de incendios forestais e a plantacións forestais en montes que vén de aprobar o departamento que dirixe.

COMPOSTELA MÁXICA
Centros do Ensino
10.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
12.00h. No Teatro Principal, Maxia para escolares cos Magos Cali, Jessica, Luis Manuel e Myster Yurgen.
Maxia na Rúa
13.00h. Na Praza Roxa, o mago Mark Mitton; na praza das Praterías, Peter Wardell; e na Praza do Toural, actuación do mago Norberto.
19.00h. Na Praza Roxa, actuación do mago Kayto; na Praza das Praterías, do Mago Mark Mitton; e na Praza do Toural, do mago Peter Wardell
Maxia nos Centros Socioculturais
18.30h. No CSC da Trisca, actuación do mago Cayetano Lledó.
Gala no Principal
20.30h. No Teatro Principal, Gala Unipersoal co Mago Martín Camiña que presenta o seu espectáculo Feitizo.

SEMANA SOCIAL E CULTURAL DO ENSANCHE. No CSCX do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14/16)
9.00h. Comezo do Xogo Comunitario: Protagonistas
9.00 a 11.00h. Ximnasia Chinesa.
10.00 a 11.00h. Sesión especial de Ximnasia Terapéutica na Alameda (escalinata). Aberta á participación de todos os públicos.
18.30h. Títeres Cachirulo presenta Catro contos de china dentro do programa Letras Vivas Animación

Compartir: