Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a XIV edición do Certame de Teatro Intercentros de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar unha mesa redonda sobre redes sociais organizada pola Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente.

12.00 h
No estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar as seguintes actividades: programa AFA (Actividade Física Adaptada) e o Campionato galego infantil de Kárate.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, para facer balance das actividades do seu departamento e dar a coñecer as desta primavera.

19.00 h
No CSC do Castiñeiriño, a Aula de Música Tradicional presenta a actividade De contos e músicas, na que mistura contos e historias coa nosa música tradicional. Correrá a cargo de Antón Castro, mestre e músico, e a entrada é de balde.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á asociación de veciños Ponte do Romaño.

22.00 h
Na Sala Capitol, concerto apertura do certame MúsicaXove’09, organizado pola Concellaría de Festas e Xuventude. Concursarán os grupos Soño Eterno (Santiago), The Weak Force (Santiago) e The Codename (Santiago).

Compartir: