Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 15 de abril

12.00 h
No estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a V marcha dos 50 quilómetros de Santiago, actividade organizada polo Club Deportivo Fontiñas e que se desenvolverá o sábado 25 de abril. Na rolda tamén estarán o presidente do Club Deportivo Fontiñas, Mariano Val Rivera, e o presidente da Sección de Montaña do CD Fontiñas, Manuel López Ferreiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a III edición de Revelando Voces. Na rolda estarán tamén representantes dos diversos grupos que participan no programa.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os proxectos de rehabilitación do Camiño de Santiago incluídos no Fondo Estatal de Inversión Local.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á nova xunta directiva da asociación do Traxe Galego.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á xunta directiva de Santiago Centro.

21.00 h
No Centro Superior de Hostalería de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á gala de entrega de premios do concurso "Cociñeiro do Ano".

Compartir: