Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 14 de abril

11.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma de coñecemento da aprobación do texto refundido da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, da súa publicación e da súa entrada en vigor.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) na unidade edificatoria 111103. Rúa do Preguntoiro, número 23.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o concerto de Millencollin, enmarcado no ciclo Importa Santiago DC, que terá lugar o venres 17 de abril ás 22.00 horas na Sala Capitol. Na rolda tamén estarán representantes de Sweet Nocturna, produtores do concerto.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á asociación de veciños Doctor Maceira de Conxo.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á xunta directiva de Santiago Centro.

Compartir: