Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 7 de marzo

11.00 h.
No CSC da Trisca, Obradoiro de Achegamento á danza Giseliña, dentro do programa de accións formativas do Centro Coreográfico Galego.

13.45 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción con motivo da Festividade do Santo Anxo da Garda, patrono da Policía Local, durante a cal o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fará entrega da Medalla do Corpo da Policía Local á directora xeral de Interior e da Academia Galega de Seguridade da Xunta, Isabel Durántez Gil, e aos policías municipais xubilados Antonio Rivas Álvarez e Constantino Alfonso Álvarez Pena.

16.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, Obradoiro de Grafittis Mou e Shokram.
18.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, cata de viños da DO Monterrei con queixos da DO O Cebreiro e Taller gastronómico infantil, dentro do programa de Desestacionalización de Turismo de Santiago, Santiago Repetirás.

21.00 h.
No Teatro Principal, Os Monicreques de Kukas representan 7 contos capitais, de Marcelino de Santiago.

Compartir: