Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 27 de marzo

11.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado por demais membros da Corporación, visita as instalacións da empresa FINSA.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h. da Praza do Obradoiro.

11.00 h.
No Cantón de San Bieito, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Municipal Popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h.
Celebración Banquete de Conxo
No CSC Aurelio Aguirre de Conxo, Poesía na rede, Blogers poéticos na Galiza, a cargo de Eduardo Estévez dentro dos actos de celebración do Banquete de Conxo. Coa participación do IES Eduardo Pondal.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

18.30 h.
No CSC da Trisca, Contacontos con Fran Ínsua, dentro do programa A Hora do Contacontos.

20.00 h.
Celebración Banquete de Conxo
Na escalinata de mármore do pavillón central do Hospital Psiquiátrico de Conxo, Brinde Poético dentro dos actos de celebración do Banquete de Conxo. Intervirán: Eduardo Estévez, Enma Pedreira, Alba Cid e Olalla Cociña e haberá un espectáculo poético-musical ALDAO+LADO.

21.00 h.
Teatro e Danza en Xira 2009
No Auditorio de Galicia, Emma de Howard Zinn. Unha producción do Teatro Arriaga que chega a Compostela dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira. Con Toni Acosta, Aitor Mazo, Gurutze Beitia, Irene Bau, Enriqueta Vega, Mikel Losada, Gabriel Ocina e Karra Elejalde. Dirixidos por Ramón Barea.

Compartir: