Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 18 de marzo

9.30 h.
No salón de actos da sede de UGT, a concelleira de Persoal, Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, asiste á Xornada sobre a Carreira Profesional e a Avaliación do Desemprego na Administración Pública, organizada polo sindicato UGT.

11.00 h.
No Clube Internacional de Prensa, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste á presentación dos resultados do programa Fogares Verdes Compostela 2008.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega á Asociación de Viúvas "Rosalía de Castro" do cheque por valor de 3.000 euros correspondente ao premio de investigación Xohana Torres 2008, que foi declarado deserto. O xurado fixo pública a súa decisión de doar a contía do galardón á devandita entidade o pasado 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller.

11.45 h.
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia.
11.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os comercios que serán homenaxeados na IV Gala do Comercio que se celebrará o 31 de marzo no Teatro Principal ás 21.00 h. Tamén dará a coñecer o nome do gañador do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2008 e o nome do estabelecemento máis participativo, dinámico e innovador de 2008.

12.15 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o proxecto de ampliación do Pazo de Bendaña para o acondicionamento dos novos fondos e usos da Fundación Eugenio Granell. Na rolda tamén estarán Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide, arquitectos autores do proxecto, e Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e de Luis Incera, xerente de Cespa, e Paula Piñeiro, delegada de Aquagest, para presentar as actividades que se organizan no Concello con motivo da celebración do Día da Árbore e do Día da Auga.

19.30 h.
No CSC de Vite, proxección de Formularios Truculentos dentro da sección O pequeno é fermoso do programa de Cinemas Dixitais.

20.00 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto Conmemorativo do 80 aniversario do escritor Neira Vilas. No mesmo, estrearáse X.N.V. Memorias dun emigrante, documental testemuñal sobre a vida e obra do escritor dirixido por Pablo Iglesias e actuará o grupo musical A Quenlla.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximiano Valdés.

Compartir: