Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 16 de marzo

11.15 h.
Na rúa de Ricardo Carvalho Calero, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, visita as obras de rehabilitación das canalizacións de augas pluviais e residuais nesta rúa. En lugar de substituílas como se fai habitualmente estase utilizando unha técnica diferente que consiste no revestimento interior con resina epoxi.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.00 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para valorar a III Festa do Comercio polo Miúdo Compostela Outlet.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e dos dous comisarios da exposición Marxes e Mapas. A creación de xénero en Galiza, Chus Martínez e Xosé Lens, para presentar o catálogo desta exposición. Tamén estará o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

13.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa presidenta de AENA, Encarnación Vivancos.

19.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co secretario de Estado de Defensa, Constantino Méndez.

Compartir: