Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de marzo

10.00 h.
En Ibiza, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, asiste á Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h.
No Centro Sociocultural de Fontiñas, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, clausura o taller "A saúde a través da arte" e inaugura a exposición "Procesos", que recolle o traballo realizado neste taller creativo por un grupo de mulleres. Estes dous actos enmárcanse nos actos levados a cabo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. François Jöel Thiollier, piano.
CICLO DE CINEMA GALEGO. Teatro Principal
20.15h. Proxección de Fronteiras e A terceira póla dirixidas por Rubén Pardiñas.
22.15h. Proxección das curtametraxes Cicatrices, Rosa dos Ventos, Cores, As cores do solpor, Néboa, 1936, Ribadeo e Campás dirixidas por Jairo Iglesias.

Compartir: