Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 12 de marzo

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda de Música Municipal. Director: Casiano Mouriño. Programa:
J. Offenbanch (1819-1880)
Orfeo nos infernos (Obertura)
J. de Meij (1953)
Aquarium (Suite)
Allegretto grazioso
Andante/Adagio
Finale: Allegro giocoso

12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a remodelación do Parque Infantil da Alameda. Asiste a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. (Entrada polo Campus Universitario).

18.00 h.
No CSC do Ensanche, proxección de Premios, Bechos raros, Incomunicados e As loiras os prefiren cabaleiros, dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

18.00 h.
No CSC do Ensanche, proxección de Os dous lados da valla, A meiga chuchona e Estiven en Galicia e lembreime de ti, dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

18.30 h.
En Ibiza, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, asiste á Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

19.00 h.
No salón de actos do Instituto Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega dos da XIII e XIV edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente.

19.00 h.
No CSC de Vite, proxección de Os defuntos falaban de Castelao, dentro da sección O pequeno é fermoso do programa Cinemas Dixitais.

CICLO DE CINEMA GALEGO. Teatro Principal
20.15h. A produción recente, coa proxección das curtametraxes Economía de mercado de Juan de Oliveira; Esta noite, velada de Antón Caeiro; Caracolas de Miguel Caruncho; e Alternativa Cero, de Pachi Baranda.
22.15h. Proxección de Liste, pronunciado Líster de Margarita Ledo Andión.

Compartir: