Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 5 de febreiro

9.00 h.
En Guimaraes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva do Eixo Atlántico.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, e do delegado provincial da Consellería de Educación, José Manuel Mouriz Cabalo, para dar a coñecer o Plan de Investimentos inmediato nos centros de ensino públicos de infantil e primaria de Santiago.

12.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, ROLDA DE PRENSA de presentación da presenza galega no Fòrum Gastronòmic de Girona 09. Estarán o concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias; o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural, Antonio Fernández Oca; o director xeral de Estruturas e Mercados Pesqueiros da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Xosé Manuel López Rodríguez; o director-xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao; e o director do Fòrum Gastronòmic Girona 09, Pep Palau.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de José Manuel Bazarra, Sepi, para presentar a curtametraxe Cinco Pezas, que éste último dirixe e que se estrea no Teatro Principal o venres 6. Na rolda tamén se presentará a páxina web do filme Setembro, do que naceu esta curtametraxe. Estarán tamén o director de fotografía, Alberto Díaz, Bertitxi; o actor Jose Barato; Fran Castro e David Ronquete, de Inxenio, deseñadores da web.

15.00 h.
En Guimaraes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia. José Ramón Encinar, director / Luis Fernando Pérez, piano.

Compartir: