Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 19 de febreiro

11.00 h.
No Teatro Principal, concerto didáctico da Banda de Música Municipal, Os instrumentos da Banda.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o II Certame MÚSICAXOVE’09. Estará acompañado polos integrantes do grupo musical Sinestesia.

12.30 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 49), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, para a donación do mobiliario do antigo Salón de Plenos.

13.30 h.
Na Casa do Concello, recepción aos directivos das Federacións dos Clubs de Futbol Sala Sub 20.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Asesora do Casco Histórico.

18.30h.
No CSC Jose Saramago de Vite, A Hora do Contacontos con Soledad Felloza.

19.00 h.
No Teatro Principal, concerto "A historia do século XX contada a través do rock", organizada pola Concellería de Educación e a Obra Social de Ibercaja. Entrada libre e de balde ata completar aforo.

19.30 h.
No CSC do Castiñeiriño, Relatorio: Galicia e as touradas, dentro da Xornada Abolicionista que organiza a platafoma Galicia, mellor sen touradas coa colaboración das Concellarías de Medio Ambiente e de Cultura e Centros Socioculturais.

20.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, proxección do documental Animal, dentro da Xornada Abolicionista que organiza a platafoma Galicia, mellor sen touradas coa colaboración das Concellarías de Medio Ambiente e de Cultura e Centros Socioculturais.

Compartir: