Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 12 de novembro

10.30 h
No Museo do Pobo Galego, simulacro dentro do "Curso básico de intervencións de extincións de incendios en Patrimonio histórico", organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Os bombeiros realizarán talleres de intervención relativos a extinción de incendios, evacuación e manipulación de obras de arte.

10.30 h
Cineuropa
No Teatro Principal, Pase Especial de Prensa do filme Luna Caliente, de Vicente Aranda.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e da presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Piccard, para presentar o Día Mundial en recordo das Vítimas da Violencia Viara, que se celebrará o sábado 14 de novembro.

11.45 h
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o II TROFEO DE ATLETISMO CAMPO A TRAVÉS "CIDADE DE SANTIAGO". O concelleiro estará acompañado por Iván Sanmartín Carrera, presidente da Delegación Local de Federación Galega de Atletismo, e Jesús Silva Pérez, director técnico da Delegación Local de Atletismo.

12.00 h
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o VIII TROFEO DE CICLOCROSS "CIDADE DE SANTIAGO". O concelleiro estará acompañado por Nemesio López Díaz, presidente do Club Ciclista Compostelano.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, e do presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, para presentar a X edición dos Premios Manuel Beiras.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer os produtos gañadores do II Concurso de promoción comercial Regalar custa pouco.

17.30 h
En Villestro (a carón do CSC), a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, inaugura o Parque Infantil de Villestro.

18.00 h
Cineuropa
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Vicente Aranda para presentar o último filme do director, Luna Caliente. Na rolda estará tamén o director do Festival, José Luis Losa.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Lavacolla.

19.00 h
No CSCX do Ensanche, proxección de O Tesouro, baseada nun relato de Ánxel Fole, dentro do programa de Cinemas Dixitais.

20.15 h
Cineuropa
No Teatro Principal, proxección do novo filme de Vicente Aranda, Luna Caliente. Ao remate do filme, o director manterá un coloquio con todos os interesados.

22.30 h
Na Sala Capitol, o alcade compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos premios aos gañadores do 2º certame MúsicaXove. Actuará o grupo Lamatumbá, que presenta o seu último traballo discográfico Paraugas Universal. Estará acompañado polos gañadores na categoría de canción de autor desta segunda edición, Liridade Noctámbula.

CINEUROPA
16:00 h ELEVATOR. George Dorobantu
18:00 h ICH BIN ENRIC MARCO. Santiago Fillol e Lucas Vermal
20:15 h LUNA CALIENTE. Vicente Aranda. Ao remate do filme, coloquio co director.
22:00 h CAPITALISMO: UNHA HISTORIA DE AMOR. Michael Moore
00:00 h SURVEILLANCE. Jennifer Lynch
16:00 h AFRANIO. Victor Aparicio
18:00 h VENDREDI SOIR. Claire Denis
20:00 h NANAYOMACHI Naomi Kawase
22:00 h SYNECDOCHE, NEW YORK. Charlie Kaufman
00:00 h REPRISE. Joachim Traer
18:00 h BAGATELA Jorge Caballero
20:00 h EL ANDAMIO. Rogelio Amigo / 50 AÑOS EN EL ANDAMIO. Ángel Rueda
22:30 h WHAT JUST HAPPENED? Barry Levinson
22:00 h ESPECIAL Ryuichi Sakamoto. THE SHELTERING SKY Bernardo Bertolucci

Compartir: