Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para mércores 7 de outubro

10.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitan as obras do parque empresarial da Sionlla con motivo do seu inicio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o concurso "Regalar custa pouco".

13.00 h
Na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes, Avda Vilagarcía, 43), acto de entrega das publicacións do Consorcio de Santiago á Casa das Asociacións. Asisten:
Guadalupe Rodríguez, concelleira de Participación Cidadá
Xosé Manuel Villanueva, Xerente do Consorcio de Santiago
Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio

Galicreques 2009
11.00h. No Teatro Principal, La hormiga (Arxentina) presenta Garabato por un rato.
20.00h. No Teatro Principal, La hormiga (Arxentina) presenta Tenue.
NOTA: Para ver a programación completa, www.galicreques.com

Compartir: