Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 31 de outubro

12.00 h
No Hotel Los Abetos, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, asiste ao XXX Aniversario de FADEMGA FEAPS GALICIA, federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia.

12.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a rúa Xeneral Pardiñas (o tramo comprendido entre Montero Ríos e Carreira do Conde), trala súa reurbanización, executada con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local, e con motivo da súa apertura ao tráfico.

18.00 h
No CSC de Conxo, Monicreques Tarabelo presentan Mistos o dragón.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, clausura o Festival de cine euro-árabe Amal.

Compartir: