Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de outubro

9.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de apertura da IV Xornada Emprende en Compostela. Asiste o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias.

10.00 h
A concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, acompaña aos nenos e nenas que participan na primeira xornada do Obradoiro Compostela Medieval organizado polo seu departamento. Son do CEIP Rodríguez Xixirei de Lavacolla e do Colexio de San Jorge. A concelleira fará declaracións sobre as cifras de inscritos e o contido deste obradoiro que a Concellaría organiza por primeira vez.
Punto de encontro: Porta do Camiño.

11.00 h
Na Casa do Concello, Consello de Administración de Tussa.

11.00 h
Na sede da FEGAMP, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á sesión extraordinaria da Comisión Executiva da devandita entidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co director da Asociación Centro Cultural-Social Xoán XXIII, Padre Frei Francisco J. Honrubia.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibe o presidente da Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración Electrónica, Enrique Barón.

Amal no Teatro Principal. (Para información completa: www.festivalamal.es)
20.00h. A cor das oliveiras de Carolina Rivas.
22.00h. Vermello oriental de Raja Amari.

Compartir: