Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 29 de xaneiro

11.45 h.
No Auditorio de Galicia, ensaio aberto da Real Filharmonía de Galicia.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Eduación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o X Foro de ONG e a quincena de Educación para a Paz.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e de Pedro Fresneda, de Teatro Ensalle, para presentar A estratecia da avestruz, obra de teatro da que este último é autor e director e que se representará no Teatro Principal o venres e o sábado ás 21.00h.

18.00 h.
No CSC do Ensanche, proxección de Taxia, Man, O bufón e o infante, a Boa caligrafía, Isolina do Laurel e Adeus errada? dentro da sección O pequeno é fermoso, do ciclo Cinemas Dixitais.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da Cidade Histórica ( PE-1) no ámbito da EU-4. Parque Universitario Vista Alegre.
3. Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do SUNP-16 na parcela OF-1. Volta do Castro.
4. Dar conta de persoamentos en recursos contenciosos administrativos en materia de urbanismo.
5. Dar conta de sentenza relativa a recurso contra aprobación do orzamento e cadro de persoal.
6. Proposta do Partido Popular relativa á non demolición da actual estación de tren.
7. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
8. Rogos e preguntas.
9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h.
No CSC de Vite, proxección de A flor máis grande do mundo, dentro da sección O pequeno é fermoso, do ciclo Cinemas Dixitais.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia. Pablo González, director / Viviane Hagner, violín.

Compartir: