Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de xaneiro

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave.
12.00 h.
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o III Torneo Xacobeo-Compostela Esgrima. Ranking galego de espada e florete 2009, actividade que se desenvolverá na nosa cidade esta fin de semana. Na rolda tamén estará Xosé Piñeiro Fuentes, presidente da Asociación Compostela Esgrima, entidade organizadora.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de deportes, Ángel Espadas, para presentar unha moción.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar as actuacións da obra "A cama voadora", un espectáculo de danza contemporánea para nenos, baseado nun conto tradicional de Islandia que combina títeres e sombras chinesas. Realízase en colaboración coa Obra Social de Ibercaja, entidade que estará respresentada na rolda polo seu director en Santiago, Javier Ferro Villegas.

13.00 h.
Na Sala María Zambrano do Círculo de Bellas Artes en Madrid, o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do FranceDanse Europe, programa organizado por Culturesfrance e a Embaixada de Francia en España e que leva o mellor da danza francesa nun circuito estatal por Barcelona, Bilbao, Xixón, Granada, Madrid, Murcia, Pamplona, Sevilla, Valencia, Vitoria e a nosa cidade, Santiago de Compostela.

CICLO DE CINEMA DEREITOS HUMANOS
20.15h. Somers Town de Shane Meadows. Reino Unido. 71 min.
22.00h. A cuestión humana de Nicolas Klotz. Francia. 144 min.

Compartir: