Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de setembro

11.00 h.
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Salón do Vehiculo Industrial, que se celebra os días 26, 27 e 28 deste mes.

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación de Sons da Diversidade para os vindeiros tres meses.

12.00 h.
No Salón Verde da Casa do Concello, constitución da Comisión Técnica de Coordinación Servizo Galego de Saúde-Concello de Santiago. (SÓ GRÁFICOS).
Ao remate da xuntanza, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e da conselleira de Sanidade, María José Rubio, para presentar o proxecto arquitectónico do Centro de Saúde de Galeras, e dar conta dos demais asuntos tratados na Comisión.

17.00 h.
No CSC O Ensanche, Obradoiro de Creación Literaria dentro do programa Letras Vivas.

18.30 h.
No Instituto Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do último libro de Stephen Hawking La clave secreta del universo. Una maravillosa aventura por el Cosmos e de Brevísima historia del tiempo.

21.00 h.
Na Catedral, concerto da Real Filharmonía de Galicia para inaugurar a temporada de abono do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia. . Asiste o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

21.00 h.
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta Margar no pazo do tempo, de Ánxeles Cuña. Con Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Suso Díaz, Elena Seijo, Xosé A. Porto "Josito", Sabela Gago, Tito Asorey e Yuri Sidar baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

Compartir: