Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 16 de setembro

12.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o II Gran Premio Santiago DH-Pedranor, que se disputará o vindeiro domingo 21 de setembro no Monte Pedroso e que será a última proba do Open Galego de Descenso en Mountain Bike.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h.
No Centro Sociocultural da Rocha, a concelleira de Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugura a semana cultural do devandito centro.

XV Aniversario da Constitución do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España
18.00 h.
En Ávila, no Salón de Plenos do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión que os membros do GCPHE manterán co director do Centro do Patrimonio Mundial (World Heritage Center), Francesco Bandarin.
19.00 h.
No Salón de Plenos do Concello de Ávila, ROLDA DE PRENSA para dar conta do tratado na reunión.

Compartir: