Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 10 de abril

10.30 h.
No Estadio de San Lázaro (porta 16), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión do Padroado da Fundación Compostela Deporte.

12.00 h.
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura Expovivenda 2008.

12.00 h.
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o XI Trofeo Seat Brea Motor de ciclismo, actividade que se desenvolverá o vindeiro domingo, 13 de abril. Na rolda tamén estarán o xerente de Seat Brea Motor, Pedro Hervés; o presidente e o director do Club Ciclista Compostelán, Nemesio López Díaz e Guillermo Fernández Iglesias.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo popular municipal, Gerardo Conde Roa, e da concelleira encargada do seguimento da área de Economía, Cecilia Sierra.

19.00 h.
Na Escola Municipal Infantil de Conxo, sesión informativa baixo o título "Como animar a ler na casa" para pais, nais, educadores e todas aquelas persoas interesadas nesta temática. A actividade encádrase na 8ª Campaña de Animación á Lectura. Entrada libre e de balde.

21.00 h.
II Ciclo Revelando Voces
No CSC de Vite, concerto de Héctor Lorenzo, dentro do II Ciclo Revelando Voces.

21.30 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a III Gala do Comercio. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias.

Compartir: