Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 15 de febreiro

11.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da Autovía AG-56 Santiago-Brión.

11.30 h.
No NH Obradoiro, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, asisten á presentación da publicación Creatividade Galega, que patrocina Galicia Calidade.

12.00 h.
No CSC da Trisca, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, explica a todos os interesados o proxecto das hortas do Parque de Belvís.

19.30 h.
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega da Medalla de Ouro da Cidade ao Museo do Pobo Galego. O acto contará coa presenza do ministro de Cultura, César Antonio Molina.

20.00 h.
No CSC do Castiñeiriño, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á presentación do libro "30 anos da AVV do Castiñeiriño. 1976-2006"

21.00 h.
No Pazo de San Lourenzo, cea oficial de inauguración do Fórum Gastronómico Santiago’08 no transcurso da cal se entregarán os Premios Picadillo.

22.00 h.
Na Sala Capitol, concerto dos grupos Sinestesia, Mito Escrito, Hyde Casino e Bronquitis Crónica, organizado pola Concellaría de Mocidade.

23.00 h.
Na Sala Nasa, Ultranoite Gastronómica

Compartir: