Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 20 de decembro

13.00 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de clausura da xornada "25 anos de traballo e compromiso", organizada por Unións Agrarias.

17.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de conmemoración do Premio Europeo de Arquitectura Philippe Rotthier 2008 ao barrio das Fontiñas.
Punto de encontro: IES Antón Fraguas.
Programa:
1. Inauguración dun graffiti no muro do I.E.S. Antón Franguas e actuación do grupo funky da Asociación Alfaia.
Na carpa (Área Central):
2.- Actuación do grupo de break dance Crwsant
3.- Música e canto de Alfaia
4.- Pequenas alumnas de ballet do centro sociocultural das Fontiñas
5.- Iria a Feiticeira, danza oriental
6.- Grupo de xitanos Kamelamos Guinar
7.- Plantación dun castiñeiro e soterramento do cofre dos desexos. Depositan o seu desexo no cofre, entre outros, o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; o presidente da Asociación veciñal As Fontes, Luis Meijide, o presidente do Club Deportivo Fontiñas, Mariano Val , e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

17.00 e 19.00 h.
No Auditorio de Galicia, musical O Libro da Selva.

19.00 h.
No Toural, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, asiste as actuacións de Corais no Nadal.

20.50 h.
Na Catedral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto El Mesías (G.F. Händel), organizado pola Obra Social de La Caixa e o Cabildo da Catedral.

21.00 h.
No Teatro Principal, o Centro Coreográfico Galego e a Companhia Paulo Ribeiro presentan Feminine, dentro do ciclo SCQ Danza.

Nadal Cultural
Ruta dos Beléns II. Excursión para todos os públicos.
11.00h. No CSC do Ensanche, Obradoiro de ornamentación con centros florais.
12.00h. No CSC das Fontiñas, Bicoca de Boca en Boca de Celso Fernández dentro do programa Letras Vivas Animación.
12.00h. No CSC do Ensanche, Contacontos Fran Insua dentro do programa Letras Vivas Animación.
17.30h. No CSC de Conxo, Festival en colaboración coa Asociación de Músia e Baile Tradicional de Conxo.
17.30h. No CSC das Fontiñas proxección de Shreketefeliz Nadal.
18.00h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro de Ornamentación con centros florais.
18.00h. No CSC de Vidán, Teatro de Papel de Marisa Irimia dentro do programa Letras Vivas Animación.
18.30h. No CSC de Villestro, Actuación do Coro A Ruliña de Laraño e da Coral da Asociación Cultural Santa Susana.
19.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro de Ornamentación con centros florais.
19.00h. No CSC de Conxo, Concerto Didáctico de música tradicional, Trapechos.

VISITA DOS PAXES REAIS
11.45h. LSC Casco Histórico
12.15h. LSC de Busto
13.00h. CSC do Ensanche
17.30h. CSC da Rocha
18.00h. LSC de San Xoán de Fecha - Lamascal.
18.30h. CSC de Conxo
19.30h. CSC de Vidán

Compartir: