Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 18 de decembro

11.00 h.
Na rúa do Hórreo, os concelleiros do grupo municipal popular Ángel Espadas e Amelia González, presentan unha denuncia no Valedor do Pobo por trabas no acceso á información municipal.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos da súa área.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Elvira Cienfuegos, para presentar a programación de Nadal Cultural.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o programa Thao-salud infantil. Na rolda tamén estarán o doutor Tojo en representación do Comité Científico do Programa Thao; o director xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia, Ramón Medina; o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, así como os concelleiros de Sanidade e Consumo e de Educación, Xosé Baqueiro e Guadalupe Rodríguez, a doutora Rosaura Leis e os presidentes das Asociacións de Empresarios do Tambre, Jesús Chenel e de Hostelería de Santiago e Comarca, Jesús Sordo.

12.00 h.
En San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a III Carreira Ciclista Benéfica das Estrelas, que se celebrará o domingo 21.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar "Troularte. Ludoteca itinerante para as escolas rurais do municipio de Santiago."

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao Premio Nobel de Química en 2001, Karl Barry Sharpless, que asinará no Libro de Honra da Cidade.

14.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción ás empresas de servizos do Concello.

19.00 h.
Na Zona "C" de Bonaval, a concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, inaugura a intervención Artisticamente (in)correcto de Amaya González, quen tamén estará presente.

20.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, asiste á presentación do libro Boas Noites Santiago.

21.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción cidadá.

Nadal Cultural
18.00h. No CSC do Castiñeiriño, Obradoiro: Protocolo de presentación de mesas de Nadal.
18.00h. No CSC do Ensanche, Obradoiro Interxeracional: Decorando xuntos o centro sociocultural.
19.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro de postais de nadal con power point.

Compartir: