Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 13 de decembro

12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a Praza de Abastos, acompañado polo concelleiro de Mercados, Carlos Nieves.

12.45 h.
No Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste aos actos conmemorativos do 25 aniversario de Nova Escola Galega e ao nomeamento dos socios de honra.

17.00 h.
Na EGAP, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de clausura do I Congreso Multidisciplicar sobre interferencias parentais trala ruptura de parella "Por unha coparentalidade responsable", organizado por ASEMIP (Asociación Española Multidisciplinar de Investigación sobre Interferencias Parentais). Ao acto asiste tamén o presidente do Congreso, José Bono.

18.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Mercado de Nadal da rúa de San Pedro, acompañado polo concelleiro de Mercados, Carlos Nieves.

Axenda cultural
11.00 h.
No CSC de Vite, Pepe Carreiro imparte Os Bolechas, obradoiro infantil de ilustración para nenos e nenas de 6 a 9 anos.
12.00 h.
No LSC da Cidade Histórica, Os soñoños de Argallando Contos dentro do programa Letras Vivas Animación.
12.00 h.
No LSC de Sar, Paxarocontos de Carpe Diem dentro do programa Letras Vivas Animación.
12.30 h.
No CSC do Ensanche, Pepe Carreiro imparte Os Bolechas, obradoiro infantil de ilustración para nenos e nenas de 6 a 9 anos.
19.00 h.
No Salón de Actos do Colexio Peleteiro, representación do espectáculo "Quilombagem, un canto á resistencia antiga e nova, fronte á escravitude".
21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto de Aynur dentro do ciclo Sons da Diversidade.
21.00 h.
No Teatro Principal, representación de A Mirada de Pier de Nut Teatro

Compartir: