Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 27 de novembro

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música. .

11.45 h.
Na Casa de Europa, a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, asiste á xuntanza que o programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" organiza con directores e orientadores de centros de Ensino Medio de Galicia para presentar as últimas novidades relativas aos plans de estudo e ao Espazo Europeo de Educación Superior.

11.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer os produtos gañadores do concurso "Regalar custa pouco".

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Asociación Galega de Familias Numerosas, Luís Sánchez González.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Educación, Ángel Currás, para facer balance.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o Programa de Educación de Adultos, desenvolvido pola Fundación Radio ECCA e o Concello de Santiago.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Infraestruturas e Obras, Bernadino Rama, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan de sectorización do SUNP-11. Castiñeiriño.
3. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan parcial do SUNP-31. San Marcos.
4. Aprobación do inicio de procedemento para a constitución dun Consorcio para a creación, xestión, explotación e mantemento da Vía Verde a Compostela.
5. Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular relativa ao desenvolvemento da ZL-3 do PERI-11 de Salgueiriños.
6. Dar conta de persoamentos en recursos contencioso administrativos.
7. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
8. Rogos e preguntas.
9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h.
No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Compostela, un ano de Voz 2008".

Compartir: