Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 26 de novembro

11.30 h.
Na Casa do concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Turismo, Jesús Gamallo, para facer balance.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Educación e de Medio Ambiente, Guadalupe Rodríguez e Elvira Cienfuegos, acompañadas por un responsable de educación ambiental da asociación ecoloxista Adega, para presentar o Programa de Educación Ambiental para centros de ensino de Compostela.

12.00 h.
Na Casa do Consello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

13.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios Educacompostela.

19.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais.

Compartir: